Los baños de clareo

Manuel Fernández Pérez

Sinopse

Narra a historia dun balneario na Galicia rural do século XX, desde os seus inicios nos primeiros anos da centuria ata a súa decadencia e abandono na década dos setenta. Ao longo deste tempo, ademais da historia do propio balneario e dos seus protagonistas principais, descríbese a situación social e a vida cotiá da época, mesturándose avatares reais e ficticios nun apaixonante e tenue reflexo histórico-literario do que foi o termalismo galego do pasado século.