Álbum de visitas 1933-2016

Juan J. Gestal

Sinopse

Trátase dunha edición facsímile do Álbum de visitas da facultade comentada polo seu decano, o Dr. Juan Gestal, quen, tras un intenso labor de investigación, logrou desvelar a autoría de practicamente todas as sinaturas e o motivo da presenza en Santiago dos seus autores, un traballo que permite non só gozar da transcrición orixinal dos escritos e situalos no contexto histórico en que se produciron senón identificar en imaxes a cada un deses case 200 “visitantes” e mesmo recuperar fotos de gran valor histórico e emocional para a comunidade médica e universitaria de Galicia. Premios Nobel, xefes de Estado e os nomes máis destacados da medicina mundial danse cita nunha obra que deixa constancia dos avances docentes e sanitarios dos últimos 80 anos.