"Comentarios y recuerdos"

14 · febreiro · 2018

Con este suxestivo e, á vez, clarificador título preséntase este libro que recompila algúns dos centenares de artigos escritos por Gerardo Fernández Albor nos seus 17 anos como articulista do xornal El Correo Gallego

Comentarios y recuerdos é un emotivo e lúcido percorrido polos acontecementos máis relevantes do último século a través dos ollos de quen viviu intensamente moitos deles, un galeguista de corazón e un europeísta de convicción capaz de trasladar o seu amor á vida tanto nas grandes xestas como nos pequenos vaivéns diarios. Unha homenaxe, no ano do seu centenario, a quen forma xa parte indispensable da historia médica e política de Galicia, de España e de Europa.




O libro, de 281 páxinas, estrutúrase en nove capítulos que recollen facetas diversas: “La persona y sus afectos”, “Medicina y humanismo”, “Desde Galicia”, “En España”, “Por Europa”, “Para América”, “Retratos compostelanos”, “Hablando de cultura” e “Paisaje político”, e remata cun apartado final adicado aos seus cen anos. Ademais inclúe unha serie de fotografías de momentos históricos da biografía de Fernádez Albor.

No prólogo, José Manuel Rey Novoa, director do xornal no que o Albor publica estas columnas desde o 16 de abril do ano 2000 “de forman ininterrompida”, destaca o seu perfil de galeguista histórico e asegura que non só pasará á posteridade por ser o primeiro presidente da Xunta senón por unha serie de “feitos concretos” que definen a Fernández Albor como un home de Estado e un “estadista universal”.

Os coordinadores da edición, Marcelino Agís Villaverde e Rocío Carolo Tosar, presidente e secretaria do Foro Galicia Milenio, destacan o perfil “entrañable” do articulista que cumpriu cen anos o pasado mes de setembro, mentres que Manuel Granja González, conselleiro delegado durante anos do grupo sanitario fundado por Albor, La Rosaleda, subliña o seu “humanismo” así como “a entrega e plena dedicación” do autor a Santiago, a Galicia, a España, a Europea e á Humanidade.