Manuel Martínez presenta novo libro na Facultade de Medicina de Santiago

23 · novembro · 2017

Na Cidade do Perdón é o título da obra que se presentará este martes, 28 de novembro, ás 19:30 h, na Facultade de Medicina de Compostela, con acceso aberto ata completar aforo

A Facultade de Medicina de Santiago de Compostela acolle o martes a presentación da nova obra literaria de Manuel Martínez, médico e profesor nesa facultade que está moi presente –ao igual que a propia Universidade e a cidade de Santiago– neste seu segundo libro que edita Bolanda tras a novela Los baños de clareo, baseada na historia do termalismo galego do século XX.




https://bolanda.es/fichas/nacidadedoperdon.html#mce_temp_url#é o título desta nova obra que se presenta en forma de relatos co nexo común da cidade na que se desenvolven as historias que Manuel Martínez ficciona sobre personaxes e feitos que teñen un substrato real e que moitos coñecerán, pero que, pasados pola pluma áxil e irónica do autor, converteranse en auténticas historias capaces de configurar a “historia non oficial” desta cidade milenaria. 

A obra será presentada polo autor en compaña do editor Antonio Couto, do catedrático de Medicina Preventiva Juan Gestal e do decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Julián Álvarez Escudero que presidirá o acto que terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Medicina o martes, 28 de novembro, ás 19:30 horas. A entrada será libre ata completar aforo.