María Canosa

Ilustracións de Olaya Naveira

O libro dos medos

Sinopse

Este novo título da escritora María Canosa destinado ao público infantil e xuvenil afonda nos medos "que non o son", os medos que ameazan o sono da infancia e que a autora vai desmontando con intelixencia e rimas fáciles capaces de converter o máis terrorífico pesadelo infantil nun agarimoso soño.

O libro dos medos, que recibiu unha mención no VII Premio Arume de Poesía para nenos no ano 2013, é o segundo título de María Canosa que publica Bolanda Ediciones, tras a novela Non é París. Con el a autora pretende escorrentar os principais temores infantís ao ritmo de poemas divertidos e moi doados de ler, mesmo polos propios interesados, que poderán espantar os medos por si mesmos conxurando estes fermosos versos ao tempo que gozan das belidas ilustracións que acompañan cada poesía, obra de novo da sensacional Olaya Naveira.
A lista dos medos

Noite, Treboada, Ruidos, Animais, Rato, Lobos, Arañas, Médicos, Pallasos, Pantasmas, Coco, Bruxas, Monstros... Medo.

E para rematar...

Cando era pequena
sempre xogaba
aínda que as veces
tamén me asustaba.

Xogaba por aquí
xogaba por alá.
Cantaba lililí
cantaba lalalá.

Máis dunha vez
oín un Uhh-lulú.
Era o medo agochado
dicindo cucurucú.

Medo medroso
que queres facer?
Por moito que berres
non te vou temer.

Por iso escribín
estes poemas
que me daban valor
e arredaban as penas.

Medo mediño
xa podes calar
pola punta do lapis
terás que marchar.

Así, verso a verso,
poema a poema,
o medo marchou
da miña cabeza.

María Canosa

Ilsutracións de Olaya Naveira

O libro dos

medos

Ficha técnica